AVOGADO



Especialista no Dereito de Familia dende 1988.

Membro recoñecido da Asociación Española de Avogados de Familia.


 
Susana Barrallo atópase incluída entre os dez mellores avogados de Dereito de Familia en España pola entidade Top Rated.

Por que elixir un avogado especialista no Dereito de Familia?, texto de Susana Barrallo.

Dominar unha área no dereito resulta fundamental para obter os mellores resultados, xa o dicía o refrán “quen moito abarca pouco aperta”, e no noso despacho estamos especializados na aérea do Dereito Civil; no Dereito de familia, sucesións e contratos.

Na práctica é frecuente atoparse con profesionais que traballan en diferentes ámbitos do dereito e que adoitan anunciarse coa apostila final “e tamén divorcios”, outros se promocionan como especialistas en divorcios, hainos que omiten o seu nome e publican simplemente divorcios e mesmo existen os que se chegan a proclamar como os mellores avogados de divorcios na Coruña… título outorgado por eles mesmos, sen entrar xa a valorar a ilicitude publicitaria... non fan máis que demostrar que se atopan moi lonxe de ser, realmente, especialistas do Dereito de Familia.

A falsa crenza en considerar esta materia como unha rama menor do dereito, pola súa “suposta facilidade”, dista en demasía da realidade e non se reduce unicamente a separacións e divorcios.

O dereito de familia, no que se inclúe o dereito matrimonial, regula:

  • A constitución da familia. O matrimonio, unións de feito e familias monoparentais.
  • As relacións entre os cónxuxes, tanto persoais como patrimoniais, e entre éstes e os terceiros.
  • As relacións entre os pais e os fillos, de filiación e de patria potestade.
  • As causas de disolución do matrimonio.

Precisamente, os asuntos en familia, a diferenza doutros sectores do dereito, non finalizan xeralmente unha vez obtida unha sentenza ou ratificado un mutuo acordo, pois non podemos esquecer que a vida que deixamos atrás é co que foi o noso cónxuxe ou parella pero a mesma segue en relación cos nosos fillos e hai que tomar en consideración todas as circunstancias que nun futuro poidan xurdir en relación con medidas xa sexan de carácter económico ou de diversa índole (novas relacións afectivas, cambios de emprego, novos fillos, futuros estudos universitarios dos fillos en común…).

A diferenza entre un asunto ben e mal levado resulta crucial para non ter que afrontar excesivos problemas e gastos posteriores.

En Susana Barrallo avogados valoramos moito o noso traballo, tratamos todos os nosos asuntos con auténtico esmero e por que non dicilo, con agarimo, atendendo a todas as particularidades do mesmo e anticipándonos, mesmo, a todo o que nun futuro poida suceder (rexeitamos de pleno as demandas e convenios estándar). Cada situación é única e hai que estudala en todos os puntos para alcanzar a perfección e evitar situacións difusas.

Ademais do labor xurídico non podemos obviar a gran importancia do compoñente psicolóxico, as crises matrimoniais son situacións difíciles e incómodas, e no noso despacho non só vivímolas desde o plano xurídico, se non tamén no plano persoal.

Estamos especializados no Dereito de Familia, Sucesións (Testamentos e Herdanzas), Contratos e Dereito Civil en xeral, atopándose á fronte do noso equipo Dona Susana Barrallo Suárez, avogada con máis de trinta anos de exercicio profesional, membro da Asociación Española de Avogados de Familia (AEAFA) e entrevistada, polo seu desempeño profesional, en diferentes medios. E contamos coa inestimable colaboración do antigo Maxistrado-Xuíz da Audiencia Provincial da Coruña Don Angel Barrallo Sánchez, o primeiro Xuíz de Familia da Comunidade autónoma galega, primeiro como titular do Xulgado de 1ª Instancia nº 3 e posteriormente titular do Xulgado de 1ª Instancia nº 10, ambos da Coruña.