Jacobo Barrallo

Novo e recoñecido profesional da avogacía galega. 

Especialista en Dereito Civil e Penal; Dereito de Familia, Contratos e Violencia de Xénero.  

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña en 2013. 

Posteriormente, realizou o Máster Universitario en Dereito (2015), cunha media de sobresaliente, sendo número un da súa promoción e obtendo o título estatal de avogado. Fixo as oposicións á Carreira Xudicial e Fiscal.  

Formouse en despachos especializados en Dereito Civil e Penal, na Coruña e Madrid, mantendo unha formación continua e actualizada en ambas materias.

Certificados: 

  • Curso de especialización en Dereito Matrimonial (2015) impartido polo Ilustre Colexio de Avogados da Coruña. 
  • Xornadas de Dereito de Familia (2018 e 2019) organizadas pola Asociación Española de Avogados de Familia (AEFA). 
  • Curso de especialización en Violencia de Xénero (2019) impartido polo Consello da Avogacía Española. 
  • Curso de formación continua en Violencia de Xénero (2022) impartido polo Colexio de Avogados da Coruña e o Colexio de Avogados de Galicia.


Jacobo Barrallo Avogado especialista no Dereito de Familia, Contratos e Violencia de Xénero.